Publicação de Depósitos de ancestralidade, de Pablo Pesado

/

Pablo Pesado, membro do nosso projeto, acaba de publicar o ensaio Depósitos de ancestralidade na Coleção de Ensaio Crítico Galego Clara Corbelhe, em parceria com Laiovento. Com o subtítulo «História crítica do realismo mágico galego», Pablo Pesado propõe neste livro uma reflexão acerca das relações entre campos literários e poder estatal, entre a literatura como bem cultural e como mercadoria económica. Parte da obra atende objetivos do projeto e, como tal, é resultado dele.

A obra será apresentada na livraria Numax de Santiago de Compostela o dia 20 de fevereiro às 19:00. O autor estará acompanhado de Helena Miguélez Carballeira.

A obra recebeu uma primeira recensão por parte do professor Manuel Veiga Taboada no jornal Nós Diario.

Pesado encadra no realismo máxico galego parte da obra de Cunqueiro, a Saga-fuga de Torrente e O triángulo inscrito na circunferencia de Freixanes. A súa posición ante estas novelas é crítica. En boa medida porque, seguindo a Pesado, se trata dunha orientación que non obedecería a necesidades propias da sociedade galega, senón a dous motivos en parte coincidentes no tempo: a necesidade de que España tivese obras para competir coas chegadas de América e nese sentido o noso mundo tradicional podía fornecer un material útil. E, en segundo lugar, a oportunidade de abrirlle un camiño á narrativa galega, apropiado para o novo estado das autonomías. Un vía deseñada neste caso, segundo Pesado, por Ramón Piñeiro e a editorial Galaxia.